24 de xuño de 2013

NOCTURNA BETANZOS 2013

Como reza o principio da Navalla de Ockham, en igualdade de condicións a explicación mais sinxela soe ser a mais correcta. Non facía falta unha maratón, nen subidas ou baixadas imposibles, tampouco eran necesarias clasificacións, nin mais parafrenalia,  tan só un roteiro de iniciación da Rota do Auga en Betanzos, unha fermosa noite e unha grande organización por parte dos Caimans para completar unha xornada excelente de cicloturismo baixo o amparo das estrelas e dos focos das nosas máquinas. Noraboa os Caimans por esta iniciativa, que xá se está a asentar coma unha clásica, e tamén a quén cociñou os callos, que estaban para chuparse os dedos. Sen dúbida, voltaremos a surcar a noite betanzeira.
FOTOS



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.