19 de xuño de 2013

CLÁSICA LAGOS DE COVADONGA 2013.

Para todolos ciclistas profesionais, a súa "grande boucle" e sen dúbida o Tour de Francia. Nós, tratándose de unha aficción infinitamente mais modesta, tratamos de basear os nosos adestramentos en función de unha grande anual, e se o ano pasado ésta foi a Peña Cabarga, este ano a elixida foi a Clásica Internacional Lagos de Covadonga. Para algúns membros da peña, xa case que non chegan os dedos das dúas mans para contar as participacións que levamos en esta cicloturista, pero este ano para varios dos compañeiros esta era a primeira participación. Antes da saída, o que ún desexa é librar de caídas (sobretodo), ou pinchazos ou avarías que boten por terra todolos meses que deixaches atrás de adestramentos, que teñen como fín facer que disfrutes do día festivo e que éste non se convirta nun contratempo. Si temos en conta todalas variables, entre elas que fixo bó tempo, que non tivemos ningun percance, e que todos conseguimos conquerir chegar a cima dos míticos Lagos, podemos considerar con satisfacción que a nosa participación foi todo un éxito, a marxe de clasificacións ou calquera outra consideración. Acompañados das nosas respectivas famílias, que non deixaron de animarnos en todo momento, disfrutamos de un marabilloso fín de semán, Abraham, Estíbaliz, Julio, Kike, Marante, Miguel, Monky, Nico, Novás, Roberto Andrade, Roberto Río e Yiyo. Rematamos esta crónica con unha das nosas frases favoritas " the work is done", que en castelán significa "el trabajo está hecho" e levado o enxebre (mais do noso gusto), "o choio está virao".
FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.