Dí o refraneiro popular, que ata o 40 de Maio aínda a vella queima o tallo. O pasado sábado facía un día que invitaba a calquera cousa menos andar en bicicleta, aínda así mais de 40 valentes díronse cita no Campo da Feira para acompañarnos na Iª edición do Paseo Senda do Mero, que cando o tempo acompaña, é un dos lugares da bisbarra que mais se presta para a práctica do cicloturismo, e que por riba témola sorte de telo aquí a carón de Cambre. A pesar de que a mañán aguantou sen chover, xusto cando ía dar comenzo o paseo, a auga fixo acto de presenza e acompañounos durante todo o traxecto, o que non mermou nin por só momento, a ilusión dos que participamos en este evento popular. A participación foi do mais variopinta, tendo cativos de 2 anos, ata xóvenes de 64. Tamén viñeron dende Arteixo a facernos compaña, o que se agradece tendo en conta o tempo reinante.O remate non se puido facer a exhibición de BMX por parte dos chavales de Bicicletas El Patio, pola peligrosidade que presentaba a pista de skate o estar mollada, tan só unhas pequenas piruetas de xeito individual poideron adornar o evento. Abondou con un pequeno refrixerio para dar por rematada a Iª edición de esta cita, que esperamos que se consolide no tempo como un día festivo de cicloturismo en familia por un entorno envexable. Agradecemos efusivamente o apoio do Concello de Cambre, así como de xeito especial a colaboración da Policía Municipal e Protección Civil, que co seu esforzo contribuiron a que a xornada se desenrolase sen incidentes, e por suposto a todolos ciclistas que desafiando os elementos nos acompañaron na Iª edición do Paseo Senda do Mero.
FOTOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.