Ca idea de participar na Indurain e disfrutar do pirineo navarro, desprazámonos a Pamplona Estíbaliz e Julio, e abofé que o fixemos. Inscritos na tirada curta, de 100 Km, máis axeitada desta volta o noso nivel de adestramento e a calor do día, poidemos compretalo fermoso percorrido en pouco máis de 3 horas e medida, dando conta dun terreo chan no seu inicio por onde o astro de Villaba deu as súas primeiras pedaladas, rodeados de campos recén segados e colinas, para pasar logo a un terreo xa ascendente que nos levaba os pirineos ate dar volta nas inmediacións de Roncesvalles, dirección de novo a Pamplona onde poidemos disfrutar de abondosa bebida, un plato de pasta, masaxe e sorteo de agasallos, o tempo que iamos vendo como chegaban tamén os participantes da tirada longa con peor cara que nos. Polo medio deles chegaba con mellor faciana e atendendo as solicitudes de organización e participantes, o propio Migue,l que se encheu de asignar autógrafos, sacar fotos, etc, etc. Moi bon ambiente e moi bon compañerismo cicloturista o que exibe a xente destes lares, que aínda indo rápido, sabe comportarse. O mesmo para a familia Indurain, na que a parte del, participaron o seu irmá Pruden, un dos seus fillos e a súa muller Marisa que lucindo o nº 2, foi no noso grupo algún tempo e que posue un nivel considerable. A mesma Marisa foi quen tivo a amabilidade de tomala instantánea que ilustra esta crónica, e que ben merece unha vida de cicloturista. Miguel, polo que vimos, segue sendo un auténtico señor encima ou baixado da bici.
Píllanos un pouco a desmán, pero abofé que merece a pena esta marcha. Destacamos que alí nos atopamos cunha representación dos Quintena, que se levaron o trofeo o clube máis lonxano.Tendo tempo, incluso recomendariamos preparala longa. O percorrido é precioso, a zoa espectacular, o trato e ambente moi bons, e de Miguel, so compre dicir; Gracias por todo !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.