Unha vez mais celebrouse no entorno da costa ártabra, a proba de btt perfectamente organizada polos compañeiros do CC Riazor, e que leva o mesmo nome. Nin a chuvia nin a lama desluciron esta proba na cual estivemos representados por Andres Calvete, Enrique Vázquez, Pablo Castellanos e Pablo Marínez. Velaí queda o testimonio dos nosos compañeiros, dunha xornada a seu xuicio estupenda en todolos sentidos:
As previsións meteorolóxicas cumplíronse e, efectivamente a primeira hora choveu, dunha maneira débil pero continua, pero a pesar de todo ali estabamos os aproximadamente 350 ciclistas que nos dispoñiamos a
afrontara estes 45 km, a auga xunto co frio fixo que alguns casi de saida sentisemos o frio nas mans e nos pes, pero co paso dos km este frio foi desaparecendo igual que a choiva que a partir da metade da marcha desaparecu e incluso se puido ver dunha maneira timida algun raio de sol.
afrontara estes 45 km, a auga xunto co frio fixo que alguns casi de saida sentisemos o frio nas mans e nos pes, pero co paso dos km este frio foi desaparecendo igual que a choiva que a partir da metade da marcha desaparecu e incluso se puido ver dunha maneira timida algun raio de sol.
O percorrido da proba caracterizouse pola esixencia técnica nas subidas, con bastante desnivel a maioria, e con moita pedra e raices o que facia das subidas un reto afrontalas e chegar a coronarlas sen baixarse da bicicleta, xunto cas subidas outro factor comun durante todo o percorrido foi a lama e as charqueiras que nalgun punto nos chegaron hasta o eixo do pedalier. Un punto interesante foi un paso por debaixo dunha autovia no que tivemos que circular por dentro duns tubos redondos que non terian mais de dous metros de diametro, neste punto solo se podia ver o final do tunel e escoitar o ruido das rodas contra auga que baixaba por ali.
As pernas agradeceron algun tramo de enlace de asfalto donde sempre habia xente ou de proteccion civil ou a da propia organizacion,
Pouco despois da metade do percorrido a organizacion preparou o avituallamento donde se puido disfrutar duns callos que nos quentaron un pouquiño o corpo para afrontar os km restantes.
Na chegada tiñamos duchas con auga quente e auga a presion para limpar as bicicletas que viñan cheas de barro, a organizacion voveu preparar outro "avituallamento" con callos e bebida donde se comentaron as incidencias da xornada.
Posteriormente disfrutamos dunha comida universitaria no comedor de Rialta.
Darlle a noraboa a organizacion por facer posible unha marcha coma esta. Fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.