17 de feb. de 2013

CAMIÑO DE SANTIAGO.

Velaí queda a crónica, un tanto accidentada pero sin consecuencias por fortuna, do noso compañeiro Pablo Martínez en compaña duns amigos, da súa odisea no Camiño de Santiago, ida e volta o pasado sábado 16 de Febreiro:
Bueno, pois 4 valentes, en principio ian ser 5 pero un fallo no buxe traseiro deixou o fillo de 13 anos dun dos participantes, en terra coas ganas. A ida foi movidita, primeiro rompeume o porta bidon por poñer uns tornillos de nylon, plástico, para aforrar uns gramos, aire de 2 bridas y solucionado.
Despois caeu o pai do chaval que pinchou a cámara con líquido, e so levábamos duas bombas, a dun non funcionaba e a miña soamente iba con válvula fina, así que presteille a cámara que levaba, aunque levo tubeless non e a primeira vez que necesito votar man dela.. Solucionado isto xa chegando o Mesón do Vento, o outro chaval rompeulle a cadea, total votamos man dun cierre rápido e co meu troncha listo. Pero mais adiante volveu rompela por outro sitio, menos mal que lavában outro cierre rápido. O chaval foi retrasándonos algo porque venía dunha gripe e todavía non ia fino. O final chegamos as 5 da tarde a catedral, foto rápida e tres de nos volvemos cara Sigueiro polo monte igual ca ida, e logo por estrada que amenazaba con facerse de noite, o que pasou chegando a Ordes. Menos mal que o menda levaba unha boa linterna se non.. So levamos luces detrás dous. Chegamos o Burgo algo antes das 9 e para casa cunha boa kilometrada nas pernas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.