4 de feb. de 2013

Carreira popular Torre de Hércules

O domingo 3 de febreiro disputouse sobre un trazado de aprox 7 Km a popular con percorrido dende os accesos a torre da Coruña, nas inmediacións dos campos deportivos, ate a propia base da mesma, logo de patealo circuito polo barrio de Adormideras, torre de control marítimo, castelo de San Antón, e volta polo mesmo camiño ca guinda final da durísima ascensión o faro coruñés onde esperaba a toma de tempos e unha auguiña ben fresca para repoñerse do esforzo. Tendo en conta os antecedentes dos días pasados, mañá estupenda para correr, fresca pero sin rastro do forte vento que nos levaba azotanto xornadas enteiras. Moi boa participación, con 850 corredores na categoría absoluta e tamén abondosa participación nas categorías inferiores. Por parte da PC Monte Xalo, participou desta volta Julio, acompañado por Manolo e Rubén. Acompañamos video onde pode apreciarse a dureza da rampa final e as evolucións do representante do clube no min 8:46 do mesmo. Tamén reflexámolo enlace crónica da Voz de Galicia sobre a proba deportiva.

https://www.youtube.com/watch?v=5yG9SE3ZuKE&feature=player_embedded#!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2013/02/04/rotundo-exito-carrera-popular-torre-hercules/0003_201302H4C6992.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.