7 de mar. de 2013

Saída domingo 03/03/13, presentación da equipación de inverno




Este domingo pasado a Peña Ciclista Monte Xalo presentou a equipación de inverno que lucirán os seus deportistas no 2013, os cales apostarán unha temporada máis por fomentar a actividade deportiva, particularmente a do ciclismo. Con ela, o longo do ano, participarase en varios eventos locais, rexionais e nacionais que gardan relación co mundo da bicicleta.




Aproveitando a presentación do traxe invernal do clube, rotulado cos seus patrocinadores e colaboradores, programáronse dúas saídas en conxunto.
 Por unha banda sairon en btt;  Andrés, Angel, Fernando, Julio, Kike, Monky e Roxelio. O percorrido foi utilizando camiños do Roteiro ata chegar a Cañás onde nos desviamos para encarar a divertida trialeira en baixada que está preto dos campos do Depor. A mañán foi estupenda, con poucas incidencias, agás algunha baixada "voluntaria" da bicicleta sen consecuencias e con moita, pero moita diversión, amenizada a súa vez polos malabarismos de Andrés Calvete que nos acompañou coa su bici de ciclocrós, e coa que non deixou de abraiarnos coas suas derrapaxes, subidas a muros, chimpos unha e outra vez, cabaliños a unha mán e a dúas ¡¡¡, e a súa destreza herdada do bike-polo sacando piñas e paos do camiño a toda velocidade con so mover a roda dianteira da súa cx. O remate, unhas cañas ben frías e uns calliños no Martipán, asentaron un pouco o subidón de adrenalina.O mesmo tempo, en bicicleta de estrada saíron Marante, Miguel, Niko e Roberto Río, camiño de Guísamo, Montellos, Presedo, Santaia, Cesuras e Trasanquelos. Ahí separáraronse Marante foi hacia Curtis, Présaras e o resto da grupeta Betanzos e Cambre. Sen ningunha incidencia, cabe destacar o nivel de preparación que teñen os novos integrantes do clube, os cuais responderon moi ben cando Miguel en algún momento tensou algo a corda. A algúns de nos, "non nos queda nada que sufrir".


                                                                                    Máis fotos




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.