14 de mar. de 2013

Volta a empezar




O venres pasado fixemos unha saída de tarde, aproveitando que voltaban a subirse a bici de estrada boa parte dos lesionados do clube. Dada a cantidade de incidencias que tivemos na época invernal, aínda faltou algún, pero como ningunha foi insalvable, velaí estamos de novo subidos a un sillín. Ritmo de plato pequeno, escapando das subidas e empregando estradas secundarias, ou máis ben terciarias, para aproveitando a baixa velocidade, voltar a encontrar sensacións e aproveitar para charlar sobre que rodas leva Cavendish este a ano, ou o novo casco de Valverde.... Cicloturismo en estado puro, disfrutando da natureza ( e do frío... ) por estradas pouco transitadas, en espera de ir rodando as pernas para empresas máis compricadas.




Benvidos a todos de novo, e a adestrar con ánimo para voltar o nivel ciclista óptimo que cada un considere.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.