Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións

8 de xuño de 2018

DEPORTE NA RÚA


Alí estaremos presentes a PCMX. Ideal para que os mais cativos da casa tomen contacto directo coas actividades deportivas.
"O Concello de Cambre organizará o vindeiro día 16 de xuño o I Día do Deporte na Rúa. O centro de Cambre vivirá unha xornada deportiva na que estarán presentes modalidades como o judo, tenis de mesa, fútbol, baloncesto, hockey, escalada, xadrez, tiro con arco, xincana, béisbol, chave, minitenis.
O edil de Deportes, Brais Cubeiro, asegura que trátase dunha xornada lúdica para todas aquelas persoas que se acheguen ao centro de Cambre onde poderán realizar desde una escalada, ciclismo, judo, baloncesto, ou un túnel de bateo, entre outras moitas modalidades”.
O departamento de Deportes conta coa inestimable colaboración das entidades deportivas locais.
O Concello distribuirá tarxetón no que os particpantes poderán selar os deportes que practiquen durante a xornada e ao rematar o evento entregaráselles un agasallo.
Non hai preinscripción polo que apoderan participar todos aquelas persoas que o desexen. A actividade terá lugar no campo da feira, parque da igrexa, praza Europa, e pista polideportiva do CEIP Wenceslao."

28 de nov. de 2017

GALA DO DEPORTE. CONCELLO DE CAMBRE 2017

 A PC Monte Xalo quere agradecer o Concello de Cambre o seu recoñecemento a nosa labor da promoción do deporte, na gala celebrada o pasado 24 de novembro. Este evento é un reforzo mais para poder seguir traballando no fomento das actividades deportivas relacionadas co ciclismo.

25 de mar. de 2014

PRESENTACION 2014

A Peña Ciclista Monte Xalo reuniu os seus ciclistas para dar o pistoletazo de saída da actividade deportiva no 2014. Outro ano máis, estes deportistas desprazaranse o longo de todo o ano dende Cambre a distintas probas de carácter rexional e nacional, no que ademáis deles, a bon seguro, estará implicada a masa social da sociedade deportiva. Como todolos anos, o clube apoiado polos seus patrocionadores, tamén organizará distintos eventos deportivos no área metropolitana da Coruña.

5 de mar. de 2014

BICICLETAS EL PATIO


O vindeiro venres as 20:00 h, BICICLETAS EL PATIO inaugurará a nova tenda situada na rúa Condes de Traba nº4 en Culleredo, a carón da glorieta de acceso a Universidade Laboral. Non deixedes de pasar a botarlle unha ollada.

28 de xan. de 2014

A PEÑA CICLISTA MONTE XALO NA PRENSA. TEMPADA CX 2013-2014

A última tirada do xornal local El Metropolitano publica o peche da tempada de ciclocrós por parte dos ciclistas da Peña Ciclista Monte Xalo, resaltando o triunfo e clasificación acadadas por parte de Andrés Calvete en M-30. A ver si para a tempada 2014-2015 temos estes bons resultados, e sobre todo disfrutamos desta trepidante modalidade invernal do ciclismo.







10 de xan. de 2014

CUOTAS DE SOCIOS 2014

Acordouse na Asamblea Xeral, que o importe da cuota anual de socios da Peña Ciclista Monte Xalo quedase da seguinte forma:

CUOTA 2014 NUN PAGO
CUOTA 2014 EN  DOUS PAGOS
20€
15€
15€

Tamén contemplamos a posibilidade de que houbese: 

VARIOS SOCIOS NA MISMA UNIDADE FAMILIAR
PRIMEIRO SOCIO
SEGUINTES SOCIOS
20€
10€ CADA UN

Os ingresos faranse no número de conta de La Caixa: 2100 2459 10 0200086939, facendo constar no concepto:  cuota 2014 + nome completo.




Se queres facerte socio da Peña, ponte en contacto con nós en: pcmontexalo@gmail.com


7 de nov. de 2013

NON MÁIS CICLISTAS MORTOS NAS ESTRADAS

O vindeiro domingo as 11:00 horas, terá lugar na praza de María Pita en Coruña, unha concentración para reivindicar unha maior seguridade para os ciclistas. Esta iniciativa parte da Federación Galega de Triatlón, e celebraránse en varias cidades ó mesmo tempo.
 A Peña Ciclista Monte Xalo fai un chamamento ós soci@s e simpatizantes, para achegarnos ata ese punto. Nestas cousas cantos máis sexamos mellor, pois nos somos os máis perxudicados. 

11 de set. de 2012

NOVAS DA CRONOESCALADA

Por encontrarse pechado o Concello de Carral polas tardes, e para facilitar as inscripcións, amplíase o prazo ata o vindeiro Xoves día 13 ata as 13 horas (pago incluído), ou ata esgotar o cupo de participantes. Logo de esa data, as inscripcións non serán válidas.

5 de mar. de 2012

VOLTA O PAIS VASCO 2012



Actualidade
Organizaciones Ciclistas Euskadi ha confirmado hoy la disputa de la Vuelta al País Vasco de este año tras cerrar un acuerdo de patrocinio con el Banco Sabadell Guipuzcoano, que garantiza también la edición de 2013.

3 de mar. de 2012

O BMC prepara as clásicas


 

Así se entrena un campeón para gañala Roubaix. O "Deus Martelo" noruegés
enviste o adoquín como nadie, e a bon seguro que estará na pomada o día D,
cos Cancellara, Flecha Boonen e cía...........

http://www.biciciclismo.com/cas/site/noticias-ficha.asp?id=48160