28 de abr. de 2021

III TROFEO BTT-XCO GRUPETA PAN DE ZARKO,CONCELLO DA CAÑIZA

Crónica de Iván Vázquez:

O día 24 celebrouse III TROFEO XCO GRUPETA PAN DE O ZARKO-CONCELLO DE A CAÑIZA! Unha carreira ben organizada con un ambiente moi controlado e sempre co mismo benestar que atopo en cada unha das carreiras ás que vou.

Decir que o XCO é duro, moi duro, unha modalidade con desniveles positivos e negativos moi esaxerados e con moito nivel técnico, donde subes a un ritmo agónico, e rematas baixando fatigado donde precisas moita capacidade de control. Como somos sufridores, xa estamos desexando acudir a seguinte cita!!! 

Como resultado un 18 posto na categoría de máster 30, tentaremos subir o listón e complicárllela vida ós máis rápidos 💪🏻💪🏻💪🏻

Teño que dar as grazas a nosa peña e aos nosos patrocinadores, polo apoio recibido e o material que se dispón para as actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.