23 de abr. de 2021

XORNADAS ON-LINE "PREPARACIÓN FÍSICA CICLISTA"

 

Coa colaboración do Concello de Cambre, o próximo 06 de maio as 20:30 horas, telemáticamente teremos a primeira das dúas charlas coloquio preparadas sobre preparación física ciclista para o ano 2021.

Un profesional vainos orientar como poder sacar o máximo partido ás horas de adestramento que cada quen dispón.

O curso vaise impartir a través dunha plataforma de conexión telemática con capacidade limitada a 100 participantes. O clube establece a preferencia das plazas dispoñibles deste xeito:

1º ós asociados do clube.

2º alleos por orde de inscrición.

Para inscribirse, solicitar participación vía mail en pcmontexalo@gmail.com, indicando o voso nome e apelidos, idade e localidade donde residides. Uns días antes do evento recibiredes o enlace á plataforma telemática para participar na charla.

Dada a limitación de asistencia especificada da plataforma, pregámosvos que vos inscribades se realmente estades interesados en participar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.