11 de maio de 2021

V CHALLENGE RIAS BAIXAS

Crónica de Fran Calabria: 

O fin de semana del 08-09/05 disputábase a proba CHALLENGE AS RIAS BAIXAS organizada por Louriña Cycling Team. A proba consistía en 3 etapas divididas en: CRI disputada en PONTEAREAS , etapa en Línea de 81 Qm e 1220m de desnivel positivo con saída e chegada en MOS, estas dúas faríanse o sábado e unha terceira etapa en línea de 85qm e 1000m de desnivel positivo con saída e chegada en PORRIÑO, esta facéndose o Domingo.

Por parte da P.C. Monte Xalo participaron PAULA BLANCO, que faría a Volta enteira, logrando quedar VENCEDORA na categoría Master 30 de féminas, e FRAN CALABRIA que disputaría a etapa do domingo, estando no grupo de cabeza na primeira  metade de carreira e terminando dentro do corte a 4’ do vencedor. 

Agradecer o traballo realizado polos organizadores poidendo levar a cabo esta proba e con todas as medidas sanitarias. 

MAIS FOTOS


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.