23 de feb. de 2020

VIII BTT CONCELLO DE RIANXO


Crónica de Yiyo:
O día 9 de Febreiro celebrouse a VIII marcha Concello de Rianxo, organizada polos compañeiros da Peña Ciclista Castro Barbudo.
Proba xa mais que habitual para integrantes da Peña Ciclista Monte Xalo. Este ano hasta alí nos desprazamos Iván Vázquez, Diego Lourido e un servidor. Ruta que consta con varias distancias 30,50 e 70 Km ademáis de unha andaina de 20km. Saimos ca idea de facer a ruta intermedia pero según ían pasando os km e co día que estaba, chuvia durante toda a mañá, decidimos coller o segundo desvío que había para a ruta pequena, co que nos saíron casi 40 km pero decisión moi acertada.
O chegar ducha quentiña e a disfrutar dos bos pinchos que nos ofreceu a organización. Empanada, tortilla, mexillóns e cerveza a esgalla.
Como sempre ruta de 10 a que nos ofrecen os compañeiros do Castro Barbudo. Nora boa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.