21 de feb. de 2020

TRAIL CIDÁ

Crónica de Iván Bugallo:
O pasado 26 de xaneiro participei no Trail Cidá representando á Peña Ciclista Monte Xalo, o cal pertence ao circuíto Revolutrion Trail Series, na serra do Barbanza (a miña terra). Tivo lugar en Ribeira, e tivemos a fortuna de contar cun tempo bastante bo para a práctica deportiva. O trail en sí está moi ben organizado en canto a sinalización, e conta cun bo avituallamento en meta, aínda que o único avituallamento no percorrido só contaba con auga. É necesario levar un vaso ou botella para que che faciliten dita auga, para evitar así que os case 400 participantes deixásemos o monte cheo de restos. A sinalización, como digo, era excelente, e facía prácticamente imposible perderse malia que unha vez avanzada a proba, corriamos sos ou prácticamente sos debido ao que se estirou o grupo. En canto á orografía, é un percorrido que conta con tres picos principais, cuxa dureza cualificaría como media, ou media baixa, e as baixadas non son excesivamente técnicas. Das 5 probas do Revolutrion Trail Series é quizáis o máis benevolente, asequible para calquera deportista cun mínimo de forma física. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.