27 de feb. de 2020

TRAIL SAN ISIDRO

Crónica de Iván Bugallo:
O pasado 16 de febreiro participei representando á Peña Monte Xalo no Trail San Isidro, o cal tivo lugar en Pobra do Caramiñal, e é unha das 5 probas puntuables do circuíto Revolutrion Trail Series. O trail en sí conta cun pico principal, o cal poderíamos catalogar como de dureza alta. Tamén conta con baixadas moi técnicas, complicadas para xente que se inicie no mundo do trail. O día estaba chuvioso, aínda que non excesivamente frío, e o percorrido presentaba moita auga. Aínda así cabe destacar a beleza orográfica de dito percorrido. Como no primeiro trail da serie, contou cun só avituallamiento líquido no camiño, o cal só facilitaba auga, e era necesario portar recipiente propio para facer uso do mesmo, e un bo avituallamiento final. A sinalización, novamente excelente, e o ambiente incrible. Moi recomendable para quen guste de participar en trails.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.