02/05/2018

IV RUTA BTT TERRA CHÁ

Crónica de Alfredo Alba:
"O pasado 8 de Abril participei na IV RUTA BTT TERRA CHÁ, Alfredo Alba, eu mesmo, PC Monte Xalo. A saída e meta foi en Vilalba Lugo. O tempo parecía que ía complicar a ruta con choiva miúda, e algo de névoa. As 09:00 Hs, sonou o silbato de saída, e comenzamos a dar pedal, nos primeiros Qm formouse un pouco de embudo, pero pouco a pouco foise estirando ata quedar ruta para que cada quen  levara o seu ritmo. Pouco a pouco ia aparecendo un circuito que prometia, subidas , lama, pedra, baixadas de auténtico enduro, e unhas vistas espectaculares. A ruta estaba moi ben sinalizada, avituallamentos excelentes, ata chourizos, xamòn e como non queixo da Terra Chá. A organización excelente. O final, xantar no Restaurante Montero, xarrete de ternera e callos, postre e chupitos a repetir, sorteo de premios incluido. Ánimo, a participar na vendeira edición !!!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.