18 de abr. de 2018

OURENSE STRADE TERMAL

Crónica de Javi Vázquez:
"O fin de semana do 14-15 de Abril achegámonos o concello de Lobios en Ourense, Organizouse a primera edición da Ourense Strade Termal unha marcha o carón das termas e do balneario Caldaria. Foi unha marcha de estrada innovadora que realizabase en 105 Qm con + 2200m con tramos de terra, (imitando a proba Italiana de Strade Bianche) moi ben preparados, tramos de adoquins e corredoiras insólitas, Achegandonos as poblacions de LOBIOS, MUIÑOS, COUSO DE SALAS, PITOES DAS JUNIAS (PORTUGAL), MAUS DE SALAS y A CELA, o mais profundo de aldeas de Ourense e tocando Portugal. Un bó grupo de Xalos atrevímonos con esta nova experiencia, nove integrantes do clube sendo dos mais númerosos pese a distancia que nos separa da nosa provincia. QUIQUE, MARANTE, MANOLO, MONTES, ROBERTO, YIYO, SERGIO, MARAGOTO E JAVI VÁZQUEZ eramos os valentes para afrontar os 105 Qm con 2200m de desnivel. O sábado xa comenzaba o ambiente, despois de recoller os dorsais disfrutamos dunha Pasta Party, amenizada con música en directo e un plato de pasta con salsiña para ir collendo forzás para o día seguinte, alí fixemos  noite, O domingo amaneceu un día mellor do esperado algo fresco pero nada de chuvia, que nos respetou durante todo o percorrido. Resaltar a boa organización dun trazado moi currado e rebuscado tanto en Ourense como Portugal de lugares únicos. 
Moi recomendable para repetir"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.