5 de maio de 2018

DESAFIO TERRAS DE TURONIO 1+1

Crónica de Pablo Castellanos:
"O Domingo 22 de Abril as 9h en Tomillo celebrábase o Desafío Terras de Turonio polas Serras do Argallo e da Groba, entre Tui e Baiona, zona espectacular. 104 Qm moi ben sinalizados e con bos avituallamientos que falta facian. Desta vez cambiei de parella, deixei a Fer apenado e fun cun boa fichaxe, Miguel. 
O día estivo perfecto pa facer a dura marcha e terminala satisfactoriamente, grazas a Miguel que despois do seu despiste baixando ainda tivo forzas pa ir tirando de min toda a ruta. Gustame moito esta marcha polo feito de facela en parella, xa que fomenta o compañerismo entre os bikers e mola moito cruzar meta co teu compañeiro despois de compartir 8 longas horas na bicicleta. Voltaremos." 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.