7 de maio de 2018

101 PEREGRINOS 2018

Crónica de Miguel Barros:

"O sábado 28 de abril desprazámonos ata a localidade de Ponferrada varios integrantes da peña, José Luis, Esteban, Tabo, Alberto, Roberto, Iván ,Javi, Alfredo, Pedro e Miguel para disfrutar dos 101 peregrinos 2018.

Presentábase un día frío a primeira hora da mañan e con previsión de choiva pero pouco a pouco ía quentando o sol, deixando un día formidable para a práctica do BTT, una moi boa organización apoiada polo exército nos avituallamentos, unhas paixases impresionantes, e una implicación de todos os veciños da zoa animándonos en todo momento.

Un gran día para todos os integrantes da peña xa que non tivemos ningún percance grave durante a proba, e disfrutamos do fin de semana e da boa gastronomía do Bierzo.

Para min foi unha experiencia para ir mellorando e aprendendo."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.