Crónica de Enrique Fraga "Tito" :
"O pasado domingo 21, os nosos amigos, Os do Monte Bravo Clube Ciclista, celebraron a sua habitual Ruta Brava.
E fixérono estreando formato "só GPS", sendo un éxito, tanto en térmos de organización como de beleza da ruta.
Non todos os participantes levaban o GPS, polo que foi habitual ver os participantes rodando en varias grupetas nas que se respiraba ambiente moi agradable cheo de compañerismo.
Eu mesmo, que me presentei en Teo nunhas condicions físicas non moi axeitadas, (peor do que xa e habitual), teño que agradecer os meus dous compañeiros Xalos a axuda e os ánimos que me foron dando ata levarme a línea de chegada da ruta.
Unha ruta que nos levou a través de esixentes ascensións, baixadas endureiras, sendeiros paralelos ao río, antiguos tuneles ferroviarios, pistas de terra, asfalto, etc.
En definitiva, un pouco para todos os gustos.
Por parte da PCMX, participamos Miguel Barros, Javier Souto e un servidor.
Con seguridade, repetiremos o próximo ano e, a poder ser, acompañados de maís integrantes da peña.
Parabéns, Os do Monte Bravo.
Cada ano superades as expectativas que poñemos en vós."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.