30 de xan. de 2018

V KDD DOS CALLOS. LARACHA

Crónica de Fran Calabria:
"O Domingo 28 de xaneiro desprazábanse ata a localidade de Laracha varias unidades da peña (Fran Calabria, Roberto Cacheiro, Sergio Morandeira, Daniel Díaz, Fernando López, Alberto Sánchez, Juan Carlos Sánchez, , Roberto Tejedor, Jorge Veiga e José Luis Ares) para disfrutar da marcha V KDD DOS CALLOS, organizada por AD Downhill Laracha.
Presentábase un día frío a primeira hora da mañá, pero pouco a pouco ía quencendo o sol, deixando un día formidable para a práctica do btt. A marcha constaba de distancia única cuns 35 Qm e 1100 mts de desnivel, sendo un percorrido moi bonito e apto para tódolos públicos. A única dificultade que presentaba era a lama acumulada o remate do traxecto, e o vadeo de algún río ca outro.
Para finalizar a fermosa mañá beteteira, os compañeiros do clube organizador convidaron a unha deliciosa comida, que como o nome da kdd indicaba eran uns saborosos callos."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.