9 de xan. de 2018

II TROFEO AYUNTAMIENTO DE SIERO. ASTURIAS.





Xa co calendario galego rematado, decidimos participar na última do asturiano. Tocaba en Lugones, na urbanización da Fresneda. Circuito trazado nos propios xardíns e zoas verdes da urbanización, moi vistoso e accesible para o público. O atoparse nunha zoa urbana, boa dispoñibilidade de hostelería e tamén de duchas nun moderno pabellón deportivo. Día infernal con choiva continua e frío considerable, o que deportivamente añadiu dificultade técnica e física a proba, convertindo o chan nun lameiro que facía botar pé a terra e patear en varios tramos.







Pola PC Monte Xalo, participaron Quique en M50, Yiyo e Julio en M40, e Sergio en M30. Pese a dureza motivada pola meteoroloxía, entretido circuito con bos servicios e pretiño da cidade ovetense, o que sen dúbida voltaremos en outras ocasións. Isto terá que ser noutra tempada, pois nista, as carreiras botaron o peche polas nosas latitudes.
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.