1 de xan. de 2018

CAMPIONATO DE GALICIA CX 2017. SANTIAGO.





Estaba anunciado, e non fallou. Auténtico vendabal acompañado de auga, sacudiu Santiago e o circuito do galego, xa dende primeira hora. O tradicional circuito de San Lázaro co trazado reformado para a ocasión, cecais cun exaxerado curveo, agravado ademáis polas condicións, presentábase moi encharcado e con barro xa das choivas dos días previos. A medida que ían saíndo as distintas categorías, o piso ía convertíndose no que se aprecia nas instantáneas, facendo que o pateo fora necesario nun gran treito, de maneira discontinua o longo do circuito. Condicións por tanto moi duras para este campionato que cerrou a tempada do cx galego no último día do ano. Pola PC Monte Xalo, aínda que se desplazou un bon número de efectivos, só sairon en parrilla; Quique en M50, e Rober en M30, que lograron finala carreira, non sen moito esforzo. Xa pensamos na tempada 2018 !!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.