26 de dec. de 2017

X CICLOCRÓS CASTELO DE MACEDA


Un ano mais, a xente de Maceda organizou a súa carreira de cx. Marco incomparable que a convirte nunha das mais vistosas do circuito galego, co castelo medieval de fondo e a súa magnífica carballeira.
O día estaba pronosticado como frío, e non fallou. As temperaturas a chegada o circuito dende A Coruña, eran xélidas, pero empezaba a aparecelo sol. As néboas abriron, quedando un día moi claro e soleado, o que valeu para que o chan case xeado na súa totalidade, fora tornando a cor verde e marrón típica desta época do ano. Por ausencia de choivas nas últimas xornadas, o percorrido estaba seco, o que o facía bastante rápido, favorecido tamén por un impecable a ancho encintado, que permitía adiantamentos e apuradas sen risco.
Pola PC MONTE XALO participamos nesta última tirada do circuito galelo; Quique en M50, Julio en M40 e Sergio en Élite. Todos poidemos disfrutar nun gran día nas carreiras, nesta proba magníficamente organizada polo cc Maceda, na que ademáis venceron varios dos seus corredores, destacando a exhibición de Iván Feijoo que se proclamou gañador da Copa, o igual que a súa compañeira de equipo, a cadete Noela Saa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.