Felicitar os Caimáns betanceiros por recuperar esta proba do CX para o norte da provincia da Coruña. Entretido circuito que basaba o seu atractivo na lama xerada pola choiva dos días previos, que nos respetou a hora de disputala proba, para disfrute do público, iso sí, cun frío considerable, que apenas superaba os 0º nas primeiras mangas.
O tratarse dunha proba que prácticamente se corría na casa, alí estiveron os nosos xiadeiros animando a berro partido, o cal agradecemos en grado sumo, pois sentilo calor das voces coñecidas sempre fai sacar de un o mellor. Aproveitamos tamén para preparar unha das nosas coñecidas cuchipandas, na que poidemos degustar uns magníficos callos o amparo das nosas carpas, polas que pasou gran cantidade de xente darredor da marmita, que xa está collendo mais fama que a de Panoramix da Galia.
Pola PC MONTE XALO, participaron; Quique en M50, Juan, Manolo, Yiyo, Manteiga e Julio en M40, Rober e Javi en M30, e Sergio en Elite.
Esperamos que esta carreira repita en edicións vindeiras para poder disfrutar de novo coma nesta edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.