16 de out. de 2017

XIII ROTEIRO TERRA DAS MARIÑAS. CAMBRE

Crónica de Juan E. Ameneiro:
"O pasado 8 de outubro uns cantos Xalos achegámonos a Cambre para tomar a saída no XIII Roteiro Btt Terra das Mariñas, un clásico dentro das rutas en Galicia.
Os ciclistas tiñan que completar un dos tres percorridos, curto (33 Qm), medio (51 Qm) e maratón (71 Qm) por camiños e trialeiras de Cambre e concellos limítrofes.
A xornada comenzaba co frío matinal, pero rapidamente entramos en calor a medida que pedaleábamos e ía saíndo o sol. Este ano a ausencia de chuvia fixo que o terreo non tivese a lama típica de esta ruta. En definitiva, un día de puro btt por camiños variados e divertidos nunha zona que nunca defrauda."


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.