17 de out. de 2017

V PASEO CICLISTA SENDA DO MERO

O pasado día 16 de setembro, nenos e maiores démonos cita en Cambre, a carón do concello, para percorrer o fermoso paseo fluvial que rodea o río Mero o seu paso polos nosos lares. Preto de 200 ciclistas disfrutamos de unha tarde solleira, para disfrute dos mais cativos (e non tan cativos), que rematou no mesmo punto de saída, onde se sorteou entre os asistentes uns cantos agasallos que esperamos fosen do agrado dos participantes. Como cada edición, os ciclistas deron unha grande mostra de solidaridade doando 260 quilos de alimentos non perecedeiros, que foron entregados na despensa municipal para a axuda dos mais necesitados do concello, por eso mesmo non podemos estar mais agradecidos e animados para seguir organizando este paseo ciclista, ou deberíamos decir  paseo solidario...
Vémonos na sexta edición !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.