22 de out. de 2017
I CICLOCRÓS VALLE DE ESMELLE
O OPEN galego, voltaba a Coruña. Neste caso a primeira edición da proba de Esmelle, na comarca de Ferrol. Bon e traballado circuito, que incluía campa, monte e asfalto. Aínda que esbaradizao pola choiva do día anterior, predominantemente seco, agás algo de lama na zoa baixa do río. Moi organizado en canto a aparcamentos e coidado do circuito. Sen dúbida, moi boa ubicación para repetir edicións.
Pola PC Monte Xalo, participaron; Quique en M50, Manolo, Yiyo e Julio en M40, Javi e Pedro en M30, e Sergio en Elite, con Félix de asistencia. A familia vai medrando, e aquí tiñamos algúns debutantes, que sufriron, pero pasárono en grande.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.