4 de out. de 2017

III RUTA INFANTIL BIKESTRADA 2017

Crónica de Enrique Fraga "Tito":
"O pasado Sabado 30 de Setembro, a Peña Ciclista Bikestrada, organizaba a III Ruta Infantil 2017.
Como non podía ser de outra maneira, até alá nos achegamos un par de Xalos, Manuel Exposito, coa sua muller Eva e o seu “terremoto” Alejandro, mais eu e as miñas fillas Nerea e Ainhoa.
Ruta de uns 14 Qm aproximadamente con un pouco de todo.
Subidas, baixadas, asfalto, pistas de terra, sendeiros, pontes, charcos, etc…
Coa parada nunha área recreativa moi fermosa a carón do rio para retomar forzas, os pequenos ciclistas, acompañados dos non tan pequenos, retomamos camiño de subida o pobo de A Estrada, disfrutando dunha tarde de bicicleta  moi divertida, non exenta de certo grao de esixencia  física para algúns de eles, que tamén está moi ben.
 Gran iniciativa a dos amigos do Bikestrada, que axuda, sen dubida algunha, a fomentar entre os rapaces, o deporte do ciclismo e o respeto a natureza .
Repetiremos, seguro.
 Noraboa, @bikestrada."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.