2 de out. de 2017

KDD MONTE XALO

Non podíamos deixar que pasase o ano sin quedar os Xalos para facer unha excursión no noso entorno natural, o monte Xalo. Unha boa chea de compañeiros acompañados de varios amigos, fixemos unha ruta por este paraxe privilexiado sendo guiados polo sherpa local Félix Marta, que se sacou da manga un roteiro que constaba de camiñós inéditos para moitos de nós, i é que o Xalo é o Xalo...
A par tamén unha nutrida representación de estradenses configuraron unha ruta, que remataba o igual que a de btt no pavillón de Castelo, previamente de ter subido o Xalo, esta vez pola cara do Val de Barcia. Logo de botarlle uns pinchos todos xuntos, gran parte dos participantes rematámola xornada degustando un bó churrasco nun restaurante local.
Agradecemos os de Castelo a cesión das instalacións do pavillón, onde montamos o cuartel xeral para a saída e chegada dos dous grupos de ciclistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.