Crónica de Juan Carlos Maragoto:
"Como nesta vida non todo é ciclismo, algunhos Xalos compaxinamos -ó menos intentámolo- a práctica deste deporte con outros; sobre todo, na época do ano en que as condicións meteorolóxicas son máis desfavorábeis.
"Como nesta vida non todo é ciclismo, algunhos Xalos compaxinamos -ó menos intentámolo- a práctica deste deporte con outros; sobre todo, na época do ano en que as condicións meteorolóxicas son máis desfavorábeis.
Así que, nesta ocasión dous Xalos -JUAN e IVÁN- aproveitando a celebración dunha das carreiras populares máis emblemáticas da contorna decidimos ir gastar un pouco de zapatilla polas rúas da cidade herculina.
O igual que pasa nos últimos tempos coas provas populares de BTT ou cicloturistas de carretera, o tirón nos últimos anos ca práctica do atletismo popular -ou coma se denomina agora, running- fai que, en eventos como o que nos ocupa, a congregación de atletas sea moi numerosa, cunha presencia feminina máis que notable e in crescendo cada ano.
Nun día asollado cunha temperatura ideal, nada que obxectar a organización da proba, cun percorrido inicial esixente e un tramo final favorable onde ún podíase exprimir o máximo e marcar os mellores parciais.
Sabedores que na Peña hai numerosos integrantes que tamén practican con asiduidad este deporte, foi unha pena que non coincidíramos algún que outro máis."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.