24 de xuño de 2017

V BTT ROSCA DE SOMIEDO

Crónica de Jorge Fernández "Yiyo":
"O día 15 de Xullo disputouse a 5ª edición da  Rosca de Somiedo. Proba de BTT  que dispón de 2 percorridos que discorren polo parque natural de Somiedo, La rosca 30 (30 Qm e + 1000m) e La Rosca 60 (64 Qm e + 3000m). En esta ocasión por parte da Peña Ciclista Monte Xalo participou Yiyo elixindo o percorrido mais longo. A proba sae de Pola de Somiedo, e como non pode ser de outra maneira nestas terras comeza subindo ate chegar a Valle del Lago, onde  empeza un descenso que nos leva a estrada que sube o alto da Farrapona. Unha vez chegados a Saliencia comeza o ascenso o Alto la Madalena, a subida mais dura da proba, 3 Qm  onde as rampas chegan o 36% de desnivel. Unha vez coroado este alto a paisaxe que se pode ver e  impresionante.  Despois de esta dura subida o camiño segue nun lixeiro pero continuo  ascenso ata chegar o punto mais alto da proba a unos 1800 m de altitude.  Dende alí descendese ate Torrestio onde comeza outra dura subida que nos leva o alto da Farrapona. A partir de aquí a proba discorre polo espectacular entorno dos Lagos de Somiedo. Primeiro pasase polo Lago La Cueva e como non, despois de outra dura subida chegase o Lago Calabazosa.  Despois de rodar unos cantos Qm polos entorno dos lagos, descendese por un sendeiro técnico ata cerca de Valle del Lago onde comeza a última subida do día, que nos levara o lago mais grande e espectacular de todos, o Lago del Valle. Despois de un avituallamiento comenzamos o descenso que nos levara de volta o punto de partida. En definitiva, dura e espectacular proba organizada polo Club Mountain Bike Somiedo no impresionante Parque Natural de Somiedo. "




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.