Como xá tiñamola honra de ter participado na primeira edición de esta cicloturista por estrada, e quedamos gratamente impresionados, o lóxico era repetir. A Luarca chegamos David, Esteban, Guille, Julio, Manteiga, Miguel, Monky e Yiyo coa idea, a maioría, de facer a ruta longa, da cual xá se diu boa conta o ano pasado, pero as condicións climatolóxicas non eran as axeitadas, pois a auga fixo acto de presenza e debido a dificultade que entrañaba éste percorrido, a prudencia aconsellou que todos fixésemos a curta, que aínda así presenta un bó desnivel, en boa parte debido a presenza do Alto de Ambas vias, o Alto de Los Corros de 1ª categoría, o Alto de Aristébano, e para a traca final o muro de Cambaral na propia Luarca, onde a xente reuniuse en grande número para animar a tódolos ciclistas. Por fortuna e a tenor de algunhas caídas que houbo pola ruta larga parece que eliximos a opción correcta.
Como en ambalas dúas edicións o tempo non acompañou precisamente, e como somos moi teimudos a vindeira edición estaremos presentes, por si acaso sae o sol, aínda que ésta non sexa unha condición indispensable para desprazarnos a Asturies, a de que haxa sidrina sí...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.