27 de xuño de 2017

PONTEVEDRA 4 PICOS. CLASICA EVARISTO PORTELA

Crónica de Sergio Morandeira:
"O pasado dia 18 na provincia de Pontevedra realizouse a primeira ruta cicloturista, en memoria de Evaristo Portela, onde tamen se participou xunto a grandes ciclistas do ambito galego. Un dia xá de comezo cun calor fora do normal cuns 30°/35° de media, onde 4 picos nos esperaban nuns 127 Qm, con unha primeira subida curta e moi empinada a o lago castiñeiras, unha segunda e terceira subida moi longas e pouco tendidas, cunhas boas vistas por certo, e co exceso do calor non puiden acabar o ultimo pico, que era o mais duro.  Excelente organizacion e uns avituallamientos cos productos e bebidas frias grazas a Froiz, que tiña os camions refrigerados en cada avituallamiento
Pola parte da P.C.Monte Xalo participamos Sergio, Victor e Juan Carlos"


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.