7 de ago. de 2017

NOCTURNA POR BETANZOS


Hai moito traballo que facer antes de rematar os preparativos de unha cicloturista, ben sexa Escalada como é o noso caso, ou de calquera outro tipo. Unha semán antes, tentamos relaxarnos facendo unha saída nocturna polos arredores de Betanzos, guiados como non podía ser de outro xeito da sección betanceira da peña, que foi ademais a que se currou toda a loxística. Chapeau por eles. Percorrido excelente tentando evitar zoas perigosas, para que as caídas non fixesen acto de presenza, algo que sí sucedeu pero afortunadamente sen mais consecuencia que "chapa e pintura". Antes do remate, botámoslle uns callos con bebida "isotónica" para recuperar folgos e volta pra Betanzos, a botarlle uns cafés ou similar para porlle punto e final a unha noite sobresaínte, a que xá estamos pensado repetir e non a moito tardar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.