Non tiña pensado ir e chamoume Miguel para convidarme xa que non podían ir dous compañeiros. Cos trámites legalmente arranxados, asistimos a quinta ruta btt organizada mais que mellor pola Agrupación Deportiva Oza dos Rios xunto co Concello de Oza-Cesuras.
Moi bó ambiente nunha fermosa maña de primavera polos montes do Gato e sendeiros do Mandeo. Disfrutando de espectaculares e duros tramos en continuo sube-baixa (mais sube que baixa) ata chegar o cume do Monte do Gato onde comezaban a abundar as trialeiras facendo mella nos bikers pero agradecendo sempre cunhas fermosas panorámicas.
Fixoseme dura por empezar mais forte do debido, pero cos avituallamientos e os ánimos dos veciños e colaboradores (Aquíles, Paco, Beni, etc....) conseguir chegar con éxito a meta e así mentres lavaban as bicis catabamos a empanada e cervexa facilitado pola organización.
Fixemos a rutaza Diego, Félix, Román, Che, eu e creo que algún mais.
E a segunda edición a que vou, e é unha pasada o ben organizado que estaba todo, ata para salir co coche (estaba cortada a principal a Oza) tiñan todo ben sinalizado.
Sorteos, camiseta de regalo, pulpo, reggeaton... pa repetir e mais por so 10€.
Grazas por convidarme Michi."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.