8 de xuño de 2017

CLASICA INTERNACIONAL LAGOS DE COVADONGA 2017

Crónica de Fran Calabria:
"O día 20 de Maio desprazabanse a localidade de Cangas de Onis (Asturias), varios compoñentes da PC Monte Xalo para disfrutar dunha das marchas máis importantes de España, a CLASICA A LOS LAGOS DE COVADONGA, organizada polo CLUB CICLISTA NAVASTUR.  Xunto coas unidades que salían en representación da Peña iban outros máis de 3000 participantes de toda España e parte do estranxeiro . A marcha tiña a dificultade de rodar con tráfico aberto e con moitisimos cilistas apilados nun só carril; esta dificultade provocou numerosas caídas e accidentes. A marcha discurría nunha primeira parte moi chá, que obligaba os participantes ir en pelotóns moi numerosos. Na segunda parte do percorrido empezaba o porto LA TORNERÍA, cuns 6 Qm de ascensión e rampas de ata o15%, onde se faría unha primeira proba para poñer a punto as pernas para subir Os Lagos. Despóis de case 100 Qm de pedaleo o fin chegaría a famosa ascensión, partindo da Basilica de Covadonga. Os mais de 12 Qm de subida con rampas de ata 17% de desnivel, pasando pola temida HUESERA e a rampa devastadora do MIRADOR DE LA REINA, chegas o ansiado primeiro Lago  ENOL, dando un pequeno respiro para afrontar a subida final ata a meta. Nesta marcha ponse a proba a destreza dos ciclistas, tanto en aprender a rodar en pelotón, como en subir portos de montaña de primeira categoría. Bonita ruta, pero coa dificultade añadida co número elevado de participantes."
Por parte da PCMX participaron Fran Calabria, Gus Saavedra, José Luis Rodríguez Rubén Trigo e José Luis Montes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.