2 de maio de 2017

ADESTRAMENTO RUTA DO BARBANZA

A ruta elexida era o adestramento do Barbanza. Desta volta, por motivos loxísticos, o punto de saída/chegada ubicouse no camping Ría de Arousa II, nas mesmas faldas da Curota. Este troco, alongaba considerablemente a ruta, deixándoa nuns 138 Qm e mais de 2.500 m de desnivel acumulado. Día moi nubrado, cun molesto e frío vento do sur, a partires de media mañá, que contribuiu a facer máis dura a ruta, onde nos enfrontabamos a él de cara. Pero como a PC Monte Xalo, ten uns rodadores de calidade, a cousa foise levando con soltura.
Como curiosidade, sinalar que desta volta, e sobre a marcha, debido as malas condicións meteorolóxicas da outra cara, decidimos ascendelo Iroite pola cara norte, ou vertente de Noia, onde se mostrou un porto igual de esixente, pero cun asfalto infinítamente mellor, que permitía subilo a gran velocidad, si se tiñan forzas, claro.
Boa grupeta que acabou disfrutando en grupo da aventura e xantar, como debe ser. A bon seguro que para o ano voltaremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.