Crónica de Roberto Tejedor:
"O pasado 22 de Abril tivo lugar na cidade de Pontevedra a terceira edición da Pontevedra 4 picos, e nesta ocasión volveu a ter presencia algun integrante da P.C. Monte Xalo (ademais do que suscribe estas verbas)
De esta vez o percorrido contou con 132 Qm de distancia e un perfil acumulado de 2631m, Subindo os 4 montes que rodean a cidade: o monte Xaxan, A Fracha, faciase un paso pola zoa de saída ou zoa intermedia na que terminaban os da ruta curta e os da ruta longa seguíamos hacia os outros dous picos, O Acival e Castrove.
Os dous primeiros picos son levadeiros de facer e relativamente rápidos logo xa o terceiro e o cuarto fanse mais duros, as subidas tampouco son moi técnicas pero as baixadas non dan moito para recuperar, tes que andar atento xa que ainda que non son moi perigosas si que están un pouco rotas, pero paga a pena face la ruta, sobre todo cando chegas o alto dos picos e podes permitirte disfrutar um anaco das vistas. Os avituallamientos correctos.
De esta vez a meteorloxia portouse, e fixo bom tempo, quizas algo de calor a partir do médio dia pero moito millor que as chuvias do ano passado, de esta vez voltouse a contar com um speaker xa conhecido nestas probas, Terio Carrera"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.