1 de maio de 2017

XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS E PREVENCION DE LESIONS DEPORTIVAS

O martes 25 de Abril tivo lugar a primeira ponencia das xornadas organizadas pola nosa peña en colaboración co Concello de Cambre, adicada esta vez a os primeiros auxilios. A charla estivo a cargo de Montserrat Vázquez. Entendemos que foi mais interesante do que tiñamos previsto, habida conta da grande cantidade de incidencias que se poden dar cando practicamos deporte e incluso na vida diaria, tanto é así que unha asistente sufriu unha indisposición que fixo necesaria a presenza dos servicios médicos, logo da rápida intervención da ponente. Por fortuna todo quedou nun susto, que esperamos non tivera mais consecuencias. 
Coa interesantísima ponencia do xoves a cargo de Bruno Cardamas, compañeiro da peña ciclista, onde se fixo fincapé sobre todo na prevención pero tamén no tratamento das lesions deportivas, finalizaron as xornadas acerca dos primeiros auxilios e lesions deportivas. Foron dúas datas onde tanto Montserrat como Bruno, os que agradecemos profundamente as súas intervencións, fixéronnos ver que moitas veces non estamos a actuar do xeito correcto, podendo incluso agravar situacións por aplicar técnicas incorrectas. Quedou claro que o saber non ocupa lugar...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.