16 de feb. de 2017

TRANSHEROICA. ESCAIRON

Crónica de Victor Touriñán:
"Primeira proba puntuable para o ranking da FGC. Disputada en Escairón (Lugo), ata onde nos desplazamos representando a P.C. Monte Xalo, Sergio Morandeira e servidor Victor Touriñán.
A Proba constaba de 2 voltas a un circuito de aproximadamente 65 Qm. nos que se percorrían sendeiros e pistas. O perfíl tiña de todo, baixadas pronunciadas e claro está todo o que se baixa ten que subirse, alguhas pendientes alcanzaban o 20% de desnivel. Todo un grande circuito para realizar esta proba, ben sinalizada e a organización velando en todo momento polos ciclistas que ata alí se desprazaron. Mil grazas.
Si me acompañan as forzas, voltarei a repetir o vindeiro ano, esperando que sexamos mais Xalos na vindeira edición."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.