13 de feb. de 2017

IV RUTA BTT DA MERLUZA- BURELA

 Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo 5/02/17 celebrouse en Burela a IV Marcha da Merluza. Ata ali desplazámonos catro “valentes” Xalos (Yeyo, Jose Luis Montes, Pocholo e un servidor) desoindo as amenazas de forte temporal de aire e granizo. As inclemencias meteorolóxicas engadiron un plus de dureza os 37 qm. do percorrido proposto polo C.C. Burela, sobre todo durante a primeira parte que percorría por sendas e trazados con unhas impresionantes vistas á costa lucense. Mención aparte merecen os excelentes tramos técnicos que nos tiñan preparados e que incluían saltos, peraltes e pasarelas donde, os mais endureiros, puideron disfrutar do inmenso traballo que ten que supor a sua preparación. Para rematar, a organización, preparaunos un magnifico xantar a base de empanada e merluza de pincho. En definitiva, unha ruta altamente recomendable e que xa está anotada no meu calendario do ano que ven."



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.