31 de xan. de 2017

XIV MARCHA BTT DAS ROSQUILLAS. PONTEAREAS

Crónica de Enrique Fraga:
“O pasado Domingo 29 de Xaneiro, desprazámonos a Ponteareas para participar na XIV Marcha das Rosquillas, Felix, Marcos, Hector, Montes e un servidor.
A organización, preparou unha bonita ruta de 34 Qm, que se endurecéu un pouco máis do que contabamos coa aparición da choiva e a consiguiente lamoeira, sin restarlle beleza algunha á marcha.
Despóis da ruta, tiñan preparada unha impresionante comida a base de carne ó caldeiro, chuletas e, como non, as famosas rosquillas. (Ahí si que demarrábamos ben, sen problema algún.)
Queremos dar a noraboa polo grandísimo traballo realizado ao clube ADC PICARAÑA, con Carlos Ledo ao frente.
Volveremos, seguro.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.