8 de xan. de 2017

CICLOCROS A LABORAL. CAMPIONATO GALEGO 2016

Facía algúns anos, demasiados cecais, que o ciclocrós non viña o excepcional circuito da Laboral en Culleredo, na área metropolitana da cidade da Coruña. Por iniciativa do cc Cambre e ca colaboración dos Caimáns de Betanzos e a PC Monte Xalo, este ano, o día que finaba, tivemos carreira, e a que decidiría o campión galego, nada menos. A mañá presentouse con 0º no termómetro, pero soleada e seca. Aínda así, o circuito estaba moi esbaradizo nas zoas de sombra, e duro por acumulación de lama en algunha das súas partes.






Todo isto, unido a súa dureza natural, fixo que os ciclistas tiveran que empregarse moi a fondo para compretar as súas voltas segundo a categoría na que competían. Por parte da PC Monte Xalo  correron Sergio en Elite, Pedro e Rober en M30, Julio en M40, e Quique en M50, acadando este último a 3ª posición do podio, xunto con 2 superclases cos que veu pelexando toda a tempada das campas galegas.





Nin que dicir ten, que esta era unha proba especial para nos, por varios motivos, porque está no noso entorno, porque é o circuito habitual de entreno, porque fomos coorganizadores, e sobre todo, porque alí estivo a nosa xente animando, axudanto, e disfrutando do espectáculo cun grupo de amigos admiradores dos valores deportivos. Gracias a todos por colaborar. O ano que ven, máis e mellor CX. Vémonos na bici !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.