Ía sendo hora de darlle o remate o 2016 (de xeito oficioso) coas nosas btts, e que mellor maneira que facelo con un bó e numeroso grupo de socios e amigos, dando unha volta polos camiños a un ritmo asequible para tódolos públicos. O punto de saída e chegada foi Rivera Flor en Guísamo, onde amablemente nos cederon as súas instalacións como "cuartel xeral". A primeira hora tivemos que lidiar con un frío intenso a pesares do sol reinante, pero logo a mañán deparou unha xornada beteteira do mais entretida, non sin deixar tempo a parada obligatoria para botarlle un café antes de reemprender o regreso, o cual finalizou con unha xuntanza a que nos acompañaron compañeiros de estrada que se achegaron para botar un brindis final con unhas cervexas e un chourizo do Bierzo que axudou a escorrentar calquera vestixio de frío que poidera quedar.
Bó nadal a todos !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.