14 de dec. de 2016

EXCURSIÓN A TARAMUNDI

 Levábamos tempo argallando o facer unha saída por estrada pola comarca de Oscos, así que o pasado fin de semán aproveitando o bó tempo, xuntámonos unha decena de compañeiros e marchamos cara a Taramundi, onde montamos o "cuartel xeral". Foron 67 quilómetros por unhas paraxes incomparables onde, como non, tratándose de Asturies descubrimos algunhas subidas que superaban o 20% de desnivel, que francamente non esperabamos atopar. Aínda así e tendo en conta que en tan pouco percorrido superamos os 1600 mts de acumulado, a excursión mereceu, e moito, a pena.
Diego, Guille, José Luis, Julio, Marante, Miguel, Monky, Sergio, Victor e Yiyo rematamos a etapa con un xantar en Taramundi, dado o carácter circular do percorrido, o cual discurriu por Santa Eulalia, San Martín e Villanueva de Oscos.
Por certo, queremos agradecer o trato que nos depararon en Casa Paulino, lugar moi recomendable para quen queira pasar unha boa xornada en éste pobo, famoso polas navallas e pola ruta da auga, onde os muiñós toman protagonismo.
Visto o visto, haberá que volver...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.