20 de out. de 2016

V RUTA BTT SENDEIROS DE FENE

Crónica de Iván Espeso:
"O pasado 16 de Outubro no PC Monte Xalo desafiamos a madrugada e previsións de choiva para participar na V Ruta Sendeiros de Fene. Algúns con ganas de repetir nun evento que noutras edicións nos deixou moi boas sensacións.
Como noutros anos, a saída foi dende o pavillón de Fene, na veira do paseo marítimo. Logo dun minuto de silencio polo compañeiro Ruben Abella do club do mar Pulpeiros, a marcha encamiñouse a través das rúas de Fene cara os montes que rodean a vila.
No primeiro tramo, afrontamos una serie de rampas largas e enlamadas que nos levarían o interior dunha das reservas de bosque atlántico mellor conservadas de Galicia. Neste lugar disfrutaríamos de divertidos sedeiros de curvas sucesivas, subidas suaves e baixadas rápidas que fixeron as delicias de todolos participantes.
Mais adiante, Jesus Sabin Arnoso, alias “Chume o Gaiteiro” amenizou o paso dos ciclistas tocando cancións da terra, que nos darían forzas para afrontar unha das zonas máis técnicas e enlamadas o longo das cabeceiras do río.
No tramo final, antes de comezar a baixada de volta a Fene, os máis ousados subiron o “Mirador Coto do Rei” onde foron recompensados con vistas de toda a Bahía de Ferrol con Coruña e a zona de Valdoviño o lonxe.
Xa de volta no pavillón, todos os participantes puidemos gozar de multitude de viandas para recuperar as forzas. A destacar, as estupendas racións de Xamón a cargo de Moises García Meizoso un cortador profesional.
En resumen, un día de sol nun entorno espectacular e cunha organización inmellorable. ¿Que máis pode pedir un aficionado a BTT?"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.