Un ano mais, o cx chega as campas galegas, abrindo o OPEN, o circuito de Narón. Tarde nubrada con ameaza de choiva tormentosa, que o final aguantou, acompañada de unha temperatura alta para esta época. Trazado sobre terreo seco, predominantemente chan, aínda que cunhas ondulacións aproveitadas dun circuito colindante de minimotocrós. Pola PC MONTE XALO participaron, Sergio ( Elite ), Rober, Pedro ( M30 ), Julio ( M40 ), e Quique ( M50 ), acadando este último a 2ª posición do podio na súa categoría. Caída a causa dunha carambola, de Sergio, o que desexamos pronta recuperación. Tamén contamos con Félix e Manteiga entre os xiadeiros, algo que sempre é moi agradecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.