Crónica de Sergio Morandeira:
"De novo, outra maratón mais polas terras de lalin onde nunca me tocou ir, moito monte o alrededor esperabame, moita calor para o que estou acostumado. Un comenzo algo raro xá que as pistas dos primeiros qm estaban moi polvorientas, deixando pouca visibilidade cos demais ciclistas e sen ver por onde pisaba, algun susto levei, un bó desnivel e algunha que outra baixada longa, nunha delas empezou o meu problema, din cunha pedra afiada de canto que fixo que picara a roda traseira, pero solucionei rápido e 5 minutos mais tarde xá estaba de novo o tema. Uns 10 qm despois nunhas subidas con pedras tipo paseo romano caín unhas 4 veces en parado, pero coa calor empecei a marearme e de repente perdin todas as forzas, tal foi que tiven que baixarme da bici e empuxar porque non daba mais, pouco despois tiven que abandoar, foi a primeira vez que non acabo unha proba, quedeime con ganas de mais. Para a próxima mais e mellor."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.